Memoria | 2020 - 2023

  • Iniciativas solicitadas ao Concello en reunión celebrada coa alcaldía o 29.09.2020 no Centro Social, de 19:30 a 21:30 h.:
    • Paso de peóns e redutores de velocidade para a estrada OU-320 ao seu paso por Gundiás
    • Prohibir a saída do pobo en vehículos polo túnel do fondo do pobo. Que só funcione como entrada para evitar colisións.
    • Redutores de velocidade no vial principal do pobo
    • Sinal sinxelo no cruce do vial principal coa estrada OU-320 que indique "Centro Social"
    • Dous espellos convexos - seguridade vial (no fondo e no alto da Carreira do Forno)
    • Bancos en varios puntos para descansar dos paseos.
    • Algún contedor de papel, limpeza dos existentes e cubrecontedor de lixo triple sinxelo de madeira tratada, fronte ao Centro Social.
    • Poda racional e controlada das árbores da OU-320
    • Fibra - Internet
    • Alumeado público LED. Conseguido
    • Delimitación da senda peonil para non estacionar vehículos e deixala libre aos peóns.
    • Dúas fontes con pulsador: unha para Aira dos Cides, outra para Aira de Abaixo.
    • Bocas de auga para incendios e mangueiras.
    • Parada de autobús no pobo que comunique con Ourense e Allariz e horarios.
  • Petición formal entregada por Rexistro no Concello o 10.11.2020

Actividades levadas a cabo polos membros da Asociación de veciños de Gundiás:
    • Conta Bancaria: Ábrese unha conta bancaria para a AA VV e faise ingreso nela dos fondos.
    • Reparos, corrección nos Estatutos e presentación deles ante a Xunta.
    • Socios: Fíxanse dúas datas para o rexistro de novos socios no que se acadan 61 membros e ingrésase o importe íntegro das cotas na conta da AA VV.
    • Blog aavvgundias.blogspot.com para a recollida e posta en valor da memoria material e inmaterial de Gundiás e servir como canle de información das actividades, actualidade e participación da veciñanza.
    • Centro Social: limpeza e orde do interior e exterior con renovación de testos e prantas e decoración de Nadal con restos de poda.
    • Lavadoiro da Lamalonga: limpeza, plantación e rega de plantas no perímetro.
    • Laterais do tellado - Centro Social: reparación e pintura para eliminar goteiras. Por fin, este ano conseguiuse que non chovera dentro.
    • Reloxo de Sol dos Patios: limpeza e reparación da peza e do seu entorno (en proceso).
    • Arranxo da marquesina que hai a carón da estrada N-525
    • Catalogación e reordenación de fondos bibliográficos
    • Limpeza, axardinamento e rega de todo o perímetro da Aira dos Cides e camiños próximos.
    • Elaboración dunha Memoria Descritiva coa que se conseguiu unha Subvención da Xunta para obras e equipamento do Centro Social.
    • Busca de orzamentos para levar a cabo as obras previstas e para mercar o equipamento necesario.