Lecer - oferta
Na reunión celebrada coa Alcaldía o 29.09.2020 no Centro Social de Gundiás comunicáronnos que se reanudarían as actividades de lecer no local, pero coas debidas medidas que exixe a nova situación de pandemia. Polo momento non temos noticia de que se vaian a reanudar. En canto nolo notifiquen, serán anunciadas oportunamente.
"Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite o seu aforo total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de seis personas, sexan ou non convivintes, e incluido o monitor ou guía para as actividades grupais". ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Fogar dos Maiores do noso concello, ofrece para os seus usuarios actividades lúdico – formativas como obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, móbil, estimulación cognitiva e ximnasia terapéutica. Para calquera consulta sobre as actividades ou os horarios no Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059.
Casa adquirida e restaurada polo concello de Allariz.
Consta de baixo e un andar con sendos espazos onde se desenvolven actividades para o lecer e aprendizaxe da veciñanza.
Custodia tamén unha pequena biblioteca.
15.09.2020 Autorización do Concello de Allariz para desenvolver as actividades da asociación no Centro Social.
![]() |