Actuacións a prol de Gundiás

Ano 2021: Subvención concedida pola Xunta de Galicia 

ao proxecto "GUNDIÁS REXORDE"

Roza de parcelas e Camiños Principais

Agradecemos en nome do interés colectivo a boa resposta que se deu tanto por parte do concello de Allariz como dos propietarios para a roza dos espazos públicos e privados + info

No 2020: Reparación das barandas do Centro Social moi deterioradas pola climatoloxía e o paso do tempo + info

Limpeza - Forno Comunal
No 2020 solicítase roza de zona perimetral e lavado de paramentos.

Arranxo - Lavadoiro
Reacondicionamento do espazo para evitar enchoupamentos e estudo de canalización para restablecer o aporte de auga. Sería interesante levar a cabo actuacións como as seguintes:

  • Supervisión e, no seu caso, reparación da canalización que fornece a fonte (a auga que chega a ela debería ser convenientemente canalizada para evitar tanta carga de materia orgánica o que fai inviable o seu consumo e favorece a proliferación de algas).

  • Reparación de fendas do lavadoiro e do estanque da fonte.

  • Limpeza do conxunto mecánica e manual, da pedra e do solo, cheo de bulleiro.

  • Pintura dos elementos de madeira.

  • Colocación dun zócalo perimetral de pedra para que a terra non caia dentro.

  • Encintado en cor natural de todo o conxunto.

  • Colocación de panel de pedra rústica na fonte tapando o cemento, para embelecer e evitar pintadas vandálicas.

  • Cubrir con cemento cor natural (sepia) os ladrillos que hai no cima dalgunha columna de pedra.

  • LED solar pendurada no medio da cuberta, para que o interior esté iluminado de noite.

  • Banco corrido de pedra ou madeira sobre pés de pedra no interior zona oeste, dentro do conxunto.


Arranxo - Reloxo solar
Restitución do gnomon desaparecido do reloxo e limpeza coidadosa da pedra e do espazo no que se sitúa.