Organización
A Asociación de veciños de Gundiás está formada por un grupo humano estable, sen ánimo de lucro,dotado de estrutura legal, cuns Estatutos e inscrita nos Rexistros correspondentes.
O dereito de asociación recoñecido no artigo 22 da Constitución está regulado na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, de aplicación a todas as asociacións sen fins lucrativos que non estean sometidas a outra normativa específica.
CIF: G32205171
Nº de conta bancaria: 3070 0046 47 6266817227
Enderezo postal: Asociación de Veciños de Gundiás
Rúa Aira dos Cides, Edificio do Centro Social de Gundiás
Queiroás da Igrexa - Gundiás
32664 Allariz (Ourense)
ORGANIGRAMA
José Luis Conde Rúa
presidenteEduardo Jorge Pires Conçalves
vicepresidente
Mari Carmen Cid Cid
tesoureira
Manuela Vila Álvarez
secretaria
vocais
María Elena Peaguda Domínguez
José Gabriel Conde Rodríguez
José Manuel Rodríguez Conde
tesoureira
Manuela Vila Álvarez
secretaria
vocais
María Elena Peaguda Domínguez
José Gabriel Conde Rodríguez
José Manuel Rodríguez Conde
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2020
- Proxectos en marcha + info
- Iniciativas solicitadas ao Concello en reunión celebrada coa alcaldía o 29.09.2020 no Centro Social, de 19:30 a 21:30 h.
- Paso de peóns e redutores de velocidade para a estrada OU-320 ao seu paso por Gundiás
- Prohibir a saída do pobo en vehículos polo túnel do fondo do pobo. Que só funcione como entrada para evitar colisións.
- Redutores de velocidade no vial principal do pobo
- Sinal sinxelo no cruce do vial principal coa estrada OU-320 que indique "Centro Social"
- Dous espellos convexos - seguridade vial (no fondo e no alto da Carreira do Forno)
- Bancos en varios puntos para descansar dos paseos.
- Algún contedor de papel, limpeza dos existentes e cubrecontedor de lixo triple sinxelo de madeira tratada, fronte ao Centro Social.
- Poda racional e controlada das árbores da OU-320
- Fibra - Internet
- Alumeado público LED
- Delimitación da senda peonil para non estacionar vehículos e deixala libre aos peóns.
- Dúas fontes con pulsador: unha para Aira dos Cides, outra para Aira de Abaixo.
- Bocas de auga para incendios e mangueiras.
- Parada de autobús no pobo que comunique con Ourense e Allariz
- Iniciativas que se están levando a cabo pola AA VV
- Conta Bancaria: Ábrese unha conta bancaria para a AA VV e faise ingreso nela dos fondos.
- Reparos, corrección nos Estatutos e presentación deles ante a Xunta.
- Socios: Fíxanse dúas datas para o rexistro de novos socios no que se acadan 62 membros e ingrésase o importe íntegro das cotas na conta da AA VV.
- Blogue: aavvgundias.blogspot.com para a recollida e posta en valor da memoria material e inmaterial de Gundiás e servir como canle de información das actividades e actualidade á veciñanza.
- Centro Social: limpeza e orde do interior, exterior, Aira dos Cides e aledaños, con renovación de testos e prantas.
- Lavadoiro da Lamalonga: reacondicionamento do espazo, limpeza e plantación de vivaces, calas e hipomeas.
- Laterais do tellado - Centro Social: reparación e pintura para eliminar goteiras.
- Reloxo de Sol dos Patios: limpeza e reparación da peza e do seu entorno, en curso.
- Arranxo da marquesina que hai a carón da estrada N-525
- Catalogación e reordenación de fondos bibliográficos
ESTATUTOS
Previa resolución pola Xunta de Galicia para a subsanación de erros nos Estatutos existentes ata o momento, quedan aprobados en Asemblea xeral extraordinaria e coas maiorías previstas os novos Estatutos.
TRANSPARENCIA
Balance de contas 2019, 2020 e 2021 | Proximamente en reunión cos socios.
CONTACTO
- aavvgundias@gmail.com
- A través deste formulario