Socios / -as

Fin desta Asociación de Veciños:
Somos un grupo de persoas que, vinculadas ao territorio de Gundiás (Allariz) nos unimos para, de xeito voluntario e sen ánimo de lucro:
  • defender os intereses comúns dos veciños axudando e participando na xestión.
  • intervir en nome da comunidade ante organismos locais, rexionais ou nacionais.
  • procurar a conservación da súa memoria material e inmaterial.
  • acercar os veciños entre si, a través de actividades e iniciativas que resolvan e resposten ás necesidades de todos, sempre dentro do debido respecto entre todos.


Como asociarse?
  1. Hai que ser veciño de Gundiás. 
  2. Asinar un formulario que será proporcionado no Centro Social. 

  • Ano 2021: será oportunamente anunciado.
  • Ano 2020: fíxanse as datas 20 e 27 de setembro de 2020, en horario de 10:00 a 12:00 h a.m., para pagar no Centro Social a cota anual correspondente fixada por unanimidade na última asemblea. Os importes das cotas recadados foron ingresados na conta bancaria da Asocación de veciños de Gundiás, aberta na Caixa Rural Galega, o 28 de setembro de 2020.



Dereitos - socio
  • A participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, a exercer o dereito a voto, así como a asistir á Asamblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
  • A ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
  • A ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e a ser informado dos feitos que den lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  • A impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos Estatutos.
Deberes - socio
  • Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
  • Pagar as cotas que poidan corresponder a cada socio.
  • Cumprir as outras obrigas que resulten das disposicións estatutarias.
  • Acatar e cumprir os acordos válidamente adoptados polos órganos de goberno e representación da Asociación.
Cal é a cota anual?
 
Segundo o acordado en asemblea cos veciños, a cota estimada para o ano 2020, fíxase en 5 euros por membro da unidade familiar maior de 10 anos.