Proxecto: Gundiás, tradición e futuro
RESTAURACIÓN DO FORNO COMUNAL E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO CENTRO SOCIAL DE GUNDIÁS.
O 16 de febreiro de 2025 esta ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE GUNDIÁS presentou ante a Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, unha solicitude de Subvención en réxime de concorrencia competitiva dentro do plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
1. A devandita solicitude xustificouse coa documentación que detallamos:
o Proxecto “Gundiás, tradición e futuro” fixando os seguintes obxectivos:
- Centro Social: mellorar a eficiencia enerxética substituíndo a ventá e as portas para garantir unha boa climatización no interior.
- Forno Comunal: restauración respectando a súa función orixinal.
o Reportaxe fotográfica do estado actual.
2. Con relación á solicitude realizada por esta Asociación veciñal, de subvención para obras, a Administración resolveu:
Conceder á entidade ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE GUNDIÁS (NIF G32205171) unha subvención para as obras recollidas no proxecto denominado “Gundiás: tradición e futuro”, coas seguintes condicións:
- Prazo de execución: 15 de outubro de 2025
- Traslado, á fin da intervención, da Memoria explicativa do investimento realizado, coas súas facturas e reportaxe fotográfica actualizada.